Publicador de contidos

Publicador de contidos

O incendio do Bolo quedou extinguido e o de Pantón continúa o seu avance

O incendio do Bolo quedou extinguido e o de Pantón continúa o seu avance

O lume declarado o xoves neste concello ourensán arrasou preto de 300 hectáreas

O foco de Pantón queimou oito casas nunha aldea, catro delas habitadas

 

Monte calcinado en Pantón. EUROPA PRESS/Carlos Castro Monte calcinado en Pantón. EUROPA PRESS/Carlos Castro
G24.gal 21/09/2025 09:32 Última actualización 21/09/2025 10:57

O incendio forestal declarado o xoves pasado na parroquia de Vilaseco, no Bolo, quedou extinguido esta madrugada tras arrasar unha superficie de 273 hectáreas, 192 delas de monte raso e 81 de arboredo.

Para a súa extinción mobilizáronse 3 técnicos, 23 axentes, 42 brigadas, 26 motobombas, 3 pas, 2 unidades técnicas de apoio, 6 helicópteros, 11 avións e efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Porén, o lume de Pantón, orixinado na parroquia de Pombeiro tamén hai tres días, continúa o seu avance, polo que se mantén activa a situación 2 de xeito preventivo para protexer os núcleos de poboación. 

As lapas queimaron oito casas nunha aldea de Pantón. EUROPA PRESS/Carlos Castro As lapas queimaron oito casas nunha aldea de Pantón. EUROPA PRESS/Carlos Castro

Oito casas queimadas

As lapas queimaron este sábado oito casas na aldea de San Román de Acedre, catro delas habitadas. Segundo as últimas medicións tomadas sobre o terreo, hai máis de 2.000 hectáreas afectadas, parte delas no concello lindeiro de Sober.

Ata o momento, traballaron nos labores de extinción deste foco 17 técnicos, 105 axentes, 133 brigadas, 86 motobombas, 9 pas, 6 unidades técnicas de apoio, 14 helicópteros, 12 avións e efectivos da UME.

Fumareda na fronte de lume de Pantón. EUROPA PRESS/Carlos Castro Fumareda na fronte de lume de Pantón. EUROPA PRESS/Carlos Castro

Outros incendios activos

Do mesmo xeito, segue activo o lume da Fonsagrada, declarado na parroquia do Trobo ás 2:25 deste sábado. De acordo cos últimos datos facilitados pola Consellería do Medio Rural, leva queimadas unhas 30 hectáreas.

Ademais, ás 5:00 horas deste domingo rexistrouse un novo incendio no concello de Lobios, na parroquia de Río Caldo. Segundo as primeiras estimacións, arrasou unha hectárea dentro do Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés.

Un brigadista na Barca (Sober). EUROPA PRESS/Carlos Castro Un brigadista na Barca (Sober). EUROPA PRESS/Carlos Castro
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade