Cargando resultados...
Betanzos reivindica a súa tradición cervexeira na Festa do Lúpulo
A vila foi un dos principais produtores de España a mediados do século pasado
Unha cooperativa agrícola betanceira traballa para recuperar o cultivo da planta
G24.gal
20/09/2025 20:12
Última actualización 20/09/2025 20:37
Esta fin de semana Betanzos reivindica a súa tradición cervexeira na Primeira Festa do Lúpulo. Organízana varios hostaleiros da vila co apoio do Concello e de Estrella Galicia, que en 2024 sacou ao mercado unha cervexa elaborada con lúpulo galego.
A mediados do século pasado Betanzos foi un dos principais produtores españois desta planta rubideira, pero os cultivos acabaron por desaparecer a comezos dos anos oitenta. Daqueles tempos, e dos esforzos actuais dalgúns agricultores por recuperar a produción de lúpulo, conversaban na festa os betanceiros máis vetaranos.