Publicador de contidos

Publicador de contidos

Controlado o incendio de Barreiros que calcinou unhas 140 hectáreas

Controlado o incendio de Barreiros que calcinou unhas 140 hectáreas

O estado dos brigadistas feridos, cinco mozos con idades comprendidas entre os 24 e 29 anos, todos ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), ten segundo o último parte médico emitido este martes prognóstico grave

EFE/Eliseo Trigo EFE/Eliseo Trigo
G24.gal 17/09/2025 09:25

O incendio de Barreiros no que quedaron feridos o pasado domingo cinco brigadistas quedou finalmente controlado ás 21:59 horas deste martes tras arrasar unhas 140 hectáreas, a maioría de monte arborizado, confirmou este mércores a Consellería do Medio Rural.

En canto aos medios de extinción desprazados a Barreiros para sufocar ese incendio, que comezou este domingo ao redor das catro e cuarto da tarde na parroquia de San Xurxo de Cabarcos, nas últimas horas traballaron en terra 47 axentes, 64 brigadas, 49 motobombas, 4 escavadoras, 5 técnicos e 2 unidades técnicas de apoio. Desde o aire participaron nos traballos para sufocar o lume 7 helicópteros e tres avións.

En canto ao estado dos brigadistas feridos, cinco mozos con idades comprendidas entre os 24 e 29 anos, segundo o último parte médico emitido este martes todos permanecen ingresados no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) con prognóstico grave e sen cambios substanciais con respecto á súa situación clínica.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade