Publicador de contidos

Publicador de contidos

O club de esgrima máis antigo de Galicia ten 50 anos

O club de esgrima máis antigo de Galicia ten 50 anos

O Club Esgrima Coruña continúa sumando campións neste deporte minoritario

G24.gal 16/09/2025 21:14 Última actualización 16/09/2025 21:58

É un deporte minoritario, pero esperta paixón nos que o practican. A esgrima combina velocidade, temperanza, coordinación e honra. Para achegarnos a ela, visitamos o Club Esgrima Coruña, que leva medio século forxando campións.  

"Tócase con forza, pero non tocas con maldade. Entón, non dá unha idea violenta", explica Sara Álvarez, vixente campioa de España na categoría M13

"Son rápido e ao tempo explosivo. Iso sérveme para atacar ben", indica Santiago Guzmán, actual campión de Galicia na categoría M15

Pero para este deporte non hai idade. María Acosta comezou con 46 anos de idade, hai xa dúas décadas.

"É saber cando tes que volver atrás e cando volves atacar sen consecuencias para ti", resume a alumna decana do CEC

"Se perdes os nervios con facilidade, é moi difícil chegar a un nivel alto na esgrima", di o adestrador de espada, Ángel Temó 

Contan aquí que é un deporte esencial para traballar a coordinación. 

"Todos os demais deportes de combate, incluíndo o boxeo, a loita, o judo ou o karate, teñen base na esgrima, porque en realidade é só desprazamento", anota o adestrador de sabre, José Méndez

Trátase dun deporte en cuxa orixe están os desafíos, os duelos. 

"A esgrima apréndenos a ter honra, a non facer dano porque si", subliña María

Honra mesmo cunha arma na man, concretamente sabre, espada ou florete.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade