Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os Carcamáns navegan tres horas dende a illa de Arousa a Vigo para ver xogar o Celta

Os Carcamáns navegan tres horas dende a illa de Arousa a Vigo para ver xogar o Celta

A peña celtista escolleu este domingo para celebrar a súa peregrinación marítima ata Balaídos

G24.gal 14/09/2025 20:37 Última actualización 14/09/2025 21:19

A peña celtista os Carcamáns da Illa de Arousa escolleu este domingo para celebrar a súa peregrinación marítima ata Balaídos. Chegaron a Vigo despois de tres horas de navegación bastante axitada. Pouco lles importou, porque o seu celtismo está –din eles– por riba de toda tempestade.

Os Carcamáns, como se lles chama aos que viven na Illa de Arousa, son 1.800 corazóns celestes. Este domingo que o seu equipo xogaba ás 14:00 horas, o prognóstico do estado do mar e do tempo era bo e o catamarán estaba libre, decidiron facer algo que só fan de cando en vez.

En realidade esta é a quinta vez en vinte e sete anos. Saír da Illa en barco, cantar no camiño, comer e beber empanada e mexillóns e chegar á Laxe para ir en bus a Balaídos. De onde sae ese celtismo tan profundo e xeneralizado nunha Illa tan pequena?

Co patrón no seu equipo navegaron trinta millas deixando atrás a ría de Arousa, Sálvora, Ons, as Cíes... e entrando na ría de Vigo soou o himno do centenario mentres zoaba o vento do sur.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade