Publicador de contidos

Publicador de contidos

Gabri Veiga: "Sería un soño no futuro estar no Celta con Iago coma director deportivo pero ese reencontro vai ter que esperar un pouco"

Gabri Veiga: "Sería un soño no futuro estar no Celta con Iago coma director deportivo pero ese reencontro vai ter que esperar un pouco"

O ex xogador do Celta estivo na "Crónica Deportiva" da Radio Galega despois de gañar a liga portuguesa co equipo luso

Apostou pola presenza do equipo céltico en competicións continentais a próxima temporada

Reiterou o seu desexo de vestir a de novo a camisola celeste pero aínda non o ve factoble a curto prazo

@EFE
G24.gal 04/05/2026 20:49

 

¨Unha experiencia única. Quizais non é unha liga Top pero é algo que estaba buscando o Porto desde fai anos. Algúns cando fun para Arabia nunca pensarían que podería chegar ao nivel de xogar Champions pero ao final con traballo, con cabeza, con humildade estouno a conseguir"

" O Celta en Europa ? Espero que xa sexa en Conference, ou en Europa League ou no mellor dos casos xogar Champions, aínda que creo que está difícil, si que o espero coma celtista,  sempre desexas e esperas o mellor "

"Sería un soño no futuro estar no Celta con Iago coma director deportivo. Con Claudio, con todos os meus amigos. Sería un soño pero agora mesmo non entra nos plans de ninguén. Nin do club nin de min ese reencontro. Son etapas da vida que temos que vivir e que temos que pasar".

"Estou moi contento no Porto sen nunca esquecer o club da miña vida. Ese reencontro vai ter que esperar un pouco. Eu sempre dixen desde o primeiro día que me fun para Arabia que non ía ser un ata sempre, que era un ata pronto porque estou seguro que nalgún momento eses camiños se van a reencontrar e espero que sexamos moi felices xuntos outra vez"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade