Publicador de contidos

Publicador de contidos

A voz dos afeccionados vaise sentir máis na nova programación de Deportes da Galega

A voz dos afeccionados vaise sentir máis na nova programación de Deportes da Galega

O veterano En xogo renóvase tras 40 anos en antena

Lorena Pose e Sevi Martínez, caras que se incorporan

De esquerda a dereita: Lorena Pose, Sevi Martínez, Irene Lourido e Gustavo Varela
G24.gal 01/09/2025 21:03 Última actualización 01/09/2025 21:18

Tarde de fotos de presentación. Continúan uns, como Irene Lourido, na fin de semana, e recuncan outros. Tras 5 anos tras as cámaras, Lorena Pose volve dar a cara no Telexornal serán.

"Con moitísima ilusión e acompañada de grandes profesionais cos que sempre compartín espazo de traballo, entón encantadísima".

Outros cambian de cometido. Terio Carrera madruga para o Bos días e Sevi Martínez é a novidade nos Deportes mediodía e nun novo En xogo, renovado tras 40 anos, no que o acompañará Gustavo Varela.

"Estou encantado. Queremos potenciar a presenza do Celta, de Deportivo, tirar da xente e das cousas que pasan en Internet", explica Sevi Martínez.

O obxectivo é "achegarse aínda máis ao que lles interesa aos afeccionados", asegura Xoán Galán, coordinador de Deportes da CSAG.

"Cando a xente saia do estadio desgustada ou contenta ou cabreada aí estará un micro da TVG".

"E ás cousas de proximidade que lle interesan á cidadanía galega, que é á que nos debemos", explica a presentadora dos deportes do 'Telexornal serán'.

Así que a partir do vindeiro luns, día 8, os protagonistas do deporte galego e as opinións dos seus seguidores aínda máis próximos e para todas as idades na Galega.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar