Cortes impecables e busca da autenticidade, selos da nova colección de Verino
Con marróns, verdes, bordeos, negro e algo de branco, Undressed mestura minimalismo e inconformismo nas formas depuradas
Non é a volta dos 90, é Verino reinventando aquel estilo ao seu propio, ese que desde hai 40 anos reúne incondicionais arredor de cada nova colección como a presentación estática en Madrid, sen desfile, da colección Undressed, unha declaración de principios.
"Partimos dese momento que foi moi importante na moda neste país. A autenticidade era a clave. A muller a través do traxe masculino evidencia a súa personalidade e a capacidade de enfrontarse a unha sociedade en que estaba demandando ese protagonismo e vestirse de maneira que non fora exclusivamente feminina", di Roberto Verino, deseñador.
Traballa, di, para quen foxe das ditaduras das tendencias. Con marróns, verdes, bordeos, negro e algo de branco, Undressed mestura minimalismo e inconformismo nas formas depuradas, nos tecidos nobres, na reivindicación do traxe de chaqueta sen un xénero determinado e na impecable xastrería, artesanía que o caracteriza e que vertebra a colección.
"Sentirnos ben con nós mesmos. É unha maneira de entender que o importante somos cada un de nós. Cada un de nós é distinto, ten a súa luz", explica Roberto Verino, deseñador.
Un equilibro de madurez creativa que reclama a autenticidade, a beleza sen artificio e a luz interior de cada un que define o estilo persoal. Que un cliente o siga elixindo durante décadas, di, é un auténtico agasallo.