Publicador de contidos

Publicador de contidos

A Mercedes-Benz Fashion Week dedica un desfile ás coleccións dos alumnos da UDIT

A Mercedes-Benz Fashion Week dedica un desfile ás coleccións dos alumnos da UDIT

Entre as propostas dos 39 estudantes no Museo de América encóntrase as dunha galega

A Mercedes-Benz Fashion Week
G24.gal 15/09/2025 21:35 Última actualización 15/09/2025 21:42

Este desfile na máis prestixiosa pasarela de moda, a Mercedes-Benz Fashion Week, resume o traballo de todo un ano polo que, con gusto, os alumnos da UDIT quedaron sen vacacións de verán. Entre as propostas dos 39 estudantes no Museo de América encóntrase as dunha galega.

"Ao final todo o traballo dun ano, dun verán enteiro cosendo, patronando, velo real aquí coa modelo e ensinárllelo á familia, aos amigos... a verdade é que é unha fachenda", apunta Victoria Otero, estudante de 4º de Deseño de Moda.

A inspiración eran os ritmos, o que provocou unha explosión creativa. O proxecto implica materias do derradeiro curso do grao en Deseño de Moda, desde a idea ata a materialización das pezas.

"Moita xente inspirouse en algo de música, outros no ritmo da vida. Cada un pon todo o seu empeño, o seu corazón e personalidade, ti tes que os teus deseños desfilar e tes que dicir: esta son eu, nunha peza", explica Victoria Otero.

A UDIT é a única universidade con desfile propio na pasarela madrileña. E confesan que é o momento máis especial dos 4 anos de estudos. A outra galega que ía participar, Marta Pereira, non puido concorrer por razóns de saúde. Terá outra oportunidade en febreiro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar