Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Xabarín Club causa unha revolución nos pés dos nostálxicos

O Xabarín Club causa unha revolución nos pés dos nostálxicos

Os calcetíns con diferentes deseños do Xabarín están a ser un éxito e xa están esgotados en moitas tendas

Da televisión á moda retro, o Xabarín segue facendo historia agora tamén nos pés

G24.gal 01/07/2025 14:06

Os que medraron co Xabarín club, cantando as súas cancións mentres merendaban fronte ao televisor, eles son o público que está arrasando cos calcetíns da famosa mascota. 

Deseñados en Galicia, as vendas deste produto non deixan de crecer. 

O que comezou como unha idea dun produto temporal está a piques de facer 8 anos nas tendas. 

Os deseños que inclúen o mítico porco Xabarín xunto ás súas frases máis soadas son un éxito entre nostálxicos e fashionistas

Da televisión á moda retro, o Xabarín segue facendo historia agora tamén nos pés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade