Gardacostas evita o afundimento dun iate con 9 persoas a bordo en Baiona
O barco de Gardacostas conseguiu cunha potente bomba de achique evitar que a embarcación de recreo se fora a pique

O buque de Gardacostas de Galicia Valentín Paz Andrade, con base en Vigo, evitou o afundimento dun iate con nove persoas a bordo en Baiona.
Segundo explican nas súas redes sociais, a embarcación de 13 metros de eslora tivo problemas na enseada de Barra. O buque de Gardacostas acudiu ao lugar e despregou con rapidez unha potente bomba de achique portátil para extraer a importante cantidade de auga que entraba na embarcación de recreo.
🛟 O buque de Gardacostas de Galicia Valentín Paz Andrade, con base en Vigo, evitou o afundimento dun iate de 13 metros de eslora de Baiona, con 9 persoas a bordo, na enseada de Barra. pic.twitter.com/qD152ei6al
— Gardacostas Galicia (@GardacostasGal) August 22, 2025
Unha vez estabilizado, o iate foi remolcado pola Salvamar Mirach ao porto de Cangas.