Publicador de contidos

Publicador de contidos

O 25 de xullo, presente na TVG desde o seu nacemento

O 25 de xullo, presente na TVG desde o seu nacemento

Desde Galicia ata Bos Aires, a TVG sempre cos galegos polo mundo cada 25 de xullo

A primeira retransmisión dos Fogos do Apóstolo na Televisión de Galicia na noite do 24 de xullo de 1985
G24.gal 25/07/2025 11:47

Durante catro décadas, a Televisión de Galicia estivo presente en cada 25 de xullo. Vibramos cos Fogos do Apóstolo, desde a praza do Obradoiro ata o último recuncho do país. 

E acompañamos as autoridades na tradicional Ofrenda. O Día de Galicia é tradición, pero tamén é reivindicación política. Vivímolo no Panteón de Galegos Ilustres, na praza da Quintana ou diante do busto de Castelao en Rianxo. 

Pero o 25 de xullo traspasa fronteiras. Estivemos cos soldados en Mostar e bailamos cos galegos de Bos Aires. Nestes 40 anos fomos un espello da sociedade. Recollemos cada xiro social, politico ou cultural. Os cambios no país, na xente, sempre en directo.

Catro décadas nas que puxemos en antena programas especiais, concertos, entrevistas e contidos que reflicten a nosa identidade, a nosa música ou as nosas costumes. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade