Entrevista en directo ao presidente da Xunta este martes na Televisión de Galicia
Será a partir das 21,30
No ecuador da lexislatura o xefe do Goberno galego fará balance das medidas comprometidas ao inicio do mandato
Rueda responderá tamén a cuestións de actualidade política e económica, unha semana despois de anunciarse o interese da multinacional chinesa SAIC de instalar en Ferrol e As Pontes a primeira planta de coches eléctricos e híbridos en Europa
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, será entrevistado en directo este martes na Televisión de Galicia a partir das 21:30, xusto despois do Telexornal Serán. No ecuador da lexislatura o xefe do Goberno galego fará balance das medidas comprometidas ao inicio do mandato.
Alfonso Rueda responderá tamén a cuestións de actualidade política e económica, unha semana despois de anunciarse o interese da multinacional chinesa SAIC de instalar en Ferrol e As Pontes a primeira planta de coches eléctricos e híbridos en Europa. Durante a entrevista o presidente tamén será preguntado polos retos que restan para o que queda de lexislatura, entre os que destaca a organización do Xacobeo 2027.