Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un incendio segue activo en Portugal, a 20 quilómetros da fronteira con España

Un incendio segue activo en Portugal, a 20 quilómetros da fronteira con España

O lume xa queimou unhas 1.000 hectáreas e mobiliza o maior dispositivo de extinción do país

António Antunes-RTP
G24.gal 28/07/2026 10:49 Última actualización 28/07/2026 14:33

Un incendio forestal declarado no municipio portugués de Guarda, a uns 20 quilómetros da fronteira con España, continúa activo este martes tras arrasar arredor de 1.000 hectáreas. O lume, iniciado o luns nunha zona de matogueira entre Rochoso e Monte Margarida, mantén dúas frontes activas. 

No operativo participan 282 efectivos, 8 vehículos e un medio aéreo, a maior despregadura de extinción existente actualmente en Portugal. A superficie afectada é aínda unha estimación provisional obitda a partir de datos por satélite. 

Risco extremo no norte e centro do país 

Portugal mantén este martes nove incendios activos e o Instituto Portugués do Mar e da Atmosfera declarou o risco máximo de incendio en todos os distritos do norte e do centro do país, ademais de Beja e Faro. Desde o luns, polo menos sete bombeiros quedaron feridos nas tarefas de extinción en Guarda e Vila Verde. 

A situación coincide cos grandes incendios que afectan a España, especialmente en Madrid, Ávila e Castelló. Portugal enviou 134 efectivos e 41 vehículos para colaborar nas tarefas de extinción a través do Mecanismo Europeo de Protección Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade