'Bicos e bicas' escolle o mellor polbo de Galicia na TVG
O Carballiño, Mugardos, Melide e a Illa de Arousa competirán por demostrar quen o prepara mellor
Ás dez da noite poderán descubrilo na Galega
Esta noite ten lugar a batalla definitiva… Van descubrir cal é o mellor polbo do mundo, nun concurso avalado por unha macroenquisa feita por unha das empresas máis prestixiosas de Galicia. Hoxe á noite en Bicos e bicas: O polbo preferido de Galicia.
A festa do polbo do Carballiño foi este ano a máis multitudinaria, a pesar da calor… Será o polbo do Carballiño, con tantos adeptos, o elixido polos galegos?
Ou será o de Mugardos, coa súa particular receita? O polbo á Illa ou o de Melide…?
Todos van xuntarse no 'Bicos e bicas' para defender e demostrar que o seu é o mellor polbo. Quén será o gañador? Descubrímolo aquí, na TVG.