Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece ao caer do tellado que estaba amañando pola súa conta

Falece ao caer do tellado que estaba amañando pola súa conta

O suceso ocorreu no lugar de Medeiro en Vigo

G24.gal 22/08/2025 21:09 Última actualización 22/08/2025 22:16

Un home morreu este venres en Vigo ao caer dun tellado que tentaba arranxar pola súa conta, segundo informa o 112 Galicia. O suceso rexistrouse pouco antes das cinco da tarde, cando os servizos de emerxencia recibiron a chamada dunha testemuña.

Segundo indicou, a caída produciuse no lugar de Medeiro, onde acudiu unha dotación do 061 que confirmou o falecemento e solicitou a presenza das forzas da orde. Os axentes da Policía local e Nacional confirmaron que o falecido estaba a arranxar o tellado dunha casa pola súa conta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade