Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un rapaz de 14 anos en Marín tras tirarse á auga desde o porto de Aguete

Falece un rapaz de 14 anos en Marín tras tirarse á auga desde o porto de Aguete

O cativo quedou inconsciente polo golpe e non se puido facer nada por reanimalo

G24.gal 21/08/2025 19:38 Última actualización 21/08/2025 22:05

Un rapaz de 14 anos natural de Seixo, en Marín, faleceu este xoves no porto de Aguete ao saltar do peirao á auga. O cativo quedou inconsciente polo golpe.

O suceso ocorreu sobre as cinco e media da tarde. Ata o lugar acudiron efectivos de urxencias sanitarias, Policía local e Nacional, Autoridade portuaria e os socorristas da praia.

O rapaz estaba cos seus amigos no momento do accidente.

O suceso causou unha enorme conmoción na praia, que estaba ateigada de xente a esa hora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade