Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ingresado un menor tras realizar un salto de altura no peirao de Malpica

Ingresado un menor tras realizar un salto de altura no peirao de Malpica

Sufriu un forte golpe na cabeza tras impactar contra o descanso das escaleiras

O rapaz continúa ingresado no Hospital Materno Infantil da Coruña

G24.gal 19/08/2025 14:03

Na tarde deste luns, un cativo de 10 anos sufriu un golpe na cabeza cando saltou dende o peirao de Malpica, a unha altura de 5 metros. O rapaz impactou de cheo contra o descanso das escaleiras.

Foi sobre as 17:00 cando un veciño alertou ao 112 do ocorrido. Varias testemuñas que viron o sucedido explicaron que o rapaz saltou dende o coñecido como muro do gas e esvarou.

"Quedou inconsciente e sangraba polos oídos", declarou un veciño.

Os servizos de emerxencias despregáronse pola zona para atender o ferido. Acudiron a Garda Civil, Protección Civil, a Policía Local e os bombeiros.

Hai que lembrar que está prohibido bañarse nas zonas portuarias aínda que non haxa sinalización.

"Non se debería facer, pero fíxose toda a vida, aí están os cativos todo o verán..., sempre", aseguraba unha veciña.

O pequeno, de 10 anos e de posible orixe alemá, continúa ingresado no Hospital Materno Infantil da Coruña.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade