Estabilizan o incendio que arrasou unhas 40 hectáreas na Gudiña
Os responsables da extinción apuntan a que este incendio é unha "reprodución" do que se rexistrou o domingo na mesma zona da parroquia de Parada da Serra
Bombeiros no incendio da Gudiña
A Consellería do Medio Rural informou de que está estabilizado o incendio forestal do concello ourensán da Gudiña, na parroquia de Parada da Serra, que calcina 40 hectáreas.
O departamento autonómico detallou que o incendio que apunta a unha "reprodución" do rexistrado o pasado domingo na mesma zona, quedou estabilizado ás 22:18 horas deste mércores tras iniciarse ás 16:32 da mesma xornada.
Desta forma, segundo as últimas estimacións, as lapas afectan unha superficie de 40 hectáreas e para a súa extinción mobilizáronse nove axentes, 12 brigadas, seis motobombas, dúas pas, cinco helicóptero e seis avións.