Publicador de contidos

Publicador de contidos

Evacuada en helicóptero unha peregrina ferida tras caer da bicicleta en Pedrafita

Evacuada en helicóptero unha peregrina ferida tras caer da bicicleta en Pedrafita

A muller quedou semiinconsciente e foi trasladada ao hospital de Lugo cun golpe na zona frontal do cranio

O accidente foi na estrada LU-633. FOTO: Garda Civil O accidente foi na estrada LU-633. FOTO: Garda Civil
G24.gal 11/10/2025 20:11 Última actualización 11/10/2025 20:44

Unha peregrina que facía o Camiño de Santiago quedou semiinconsciente na tarde deste sábado tras caer da bicicleta que conducía ao seu paso polo concello de Pedrafita do Cebreiro. 

Segundo informa a Garda Civil, un helicóptero medicalizado do 061 solicitou asistencia ás 14:15 horas para tomar terra preto do lugar do accidente, no quilómetro 9,5 da estrada LU-633.

A muller ferida foi evacuada ao hospital de Lugo (HULA) cun golpe na zona frontral do cranio.

Ciclista ferido en Padrón

Uns minutos máis tarde, outro ciclista caeu na travesía de Iria Flavia, no concello de Padrón e perdeu brevemente a consciencia.

O home recuperouse axiña pero foi trasladado ao hospital cun corte na mandíbula.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade