Morre un home logo de envorcar co seu tractor no Corgo
Foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Sarria para liberar o corpo da vítima, que quedara atrapado polo vehículo agrícola
Un home perdeu a vida este venres nun accidente que sufriu co seu tractor cando estaba nunha parcela da parroquia de Queizán, no concello lugués do Corgo.
🔴 #AXEGAInforma dun home que faleceu tras envorcar co seu tractor nunha parcela do Corgo.
— 112 Galicia (@112Galicia) March 20, 2026
📍 Parroquia de Queizán.
➡️ Os Bombeiros de Sarria actuaron para liberar o corpo do implicado, atrapado polo vehículo agrícola.
🔗 https://t.co/W7UgVt53wG pic.twitter.com/prBzrj23fV
Segundo informa o 112, foi necesaria a intervención dos Bombeiros de Sarria para liberar o corpo da vítima, que quedara atrapado polo vehículo agrícola.
No operativo, activado de inmediato desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias, participaron os servizos sanitarios, Bombeiros de Sarria e os axentes da Garda Civil. Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento do implicado.