Publicador de contidos

Publicador de contidos

A feira do motor atrae a Lugo afeccionados aos coches e á velocidade

A feira do motor atrae a Lugo afeccionados aos coches e á velocidade

A contorna do Pazo de Feiras foi o escenario de varias demostracións de derrapaxes e control do vehículo

G24.gal 21/03/2026 20:27 Última actualización 21/03/2026 21:15

Os apaixonados do motor teñen durante esta fin de semana a súa cita en Lugo. O Pazo de Feiras acolle un evento no que os afeccionados poden gozar das exhibicións dos pilotos nun circuíto pechado, pero tamén poden admirar de preto os seus coches e mesmo simular que participan nun rally.

O exterior do Pazo de Feiras de Lugo encheuse co estrondo dos coches-

"É un encontro para todos os amantes do motor: motocicletas, coches preparados, fórmulas... Este ano a a afluencia é importante e está bo tempo", di Sindo Alonso, organizador do evento

Para os que queren ter a sensación de participar nun rally ou ir a bordo dun coche de carreiras tamén hai simuladores

"Tes a mesma sensación que tería o piloto, é moi semellante porque ofrece cada detalle do vehículo e notas as mesmas sensacións ca se foses o piloto", di Jonathan Revilla, que ten simuladores de rally

Neste espectáculo hay espazo para todo tipo de vehículos pero non atopamos defensores do coche eléctrico. 

"O cheiro a gasolina que nos gusta aos pilotos non cho dá un eléctrico", di un participante

Varios pilotos que participan no evento consideran que as súas compoñentes "contaminan máis". O medio ambiente neste encontro non ten oco.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade