Publicador de contidos

Publicador de contidos

A liga de drons ‘Galicia Whoop League’ combinou en Santiago competición e entretemento tecnolóxico

A liga de drons ‘Galicia Whoop League’ combinou en Santiago competición e entretemento tecnolóxico

Consolídase como unha proposta innovadora para o lecer e a divulgación da tecnoloxía de drons en Galicia

Nela participaron pilotos expertos e público xeral interesado en aprender e gozar desta disciplina emerxente

G24.gal 21/03/2026 21:22 Última actualización 21/03/2026 21:38

Participaron afeccionados á innovación tecnolóxica, á velocidade e sobre todo aos drons. Aquí en Santiago déronse cita doce participantes de toda España. Competiron nun circuíto repleto de obstáculos que pon a proba a súa destreza e precisión na liga galega de drons.

"Os drons teñen unha serie de cámaras e a tempo real coas gafas ves o que ve o dron. É coma se foras montado", di Álex García, Membro da organización da Galicia Whoop League.

Pilotan os drons desde a perspectiva do propio aparello. Os asistentes seguen a acción a través de pantallas que reproducen en directo o seu percorrido.

"Teño competido en mundiais coma a China e Korea. Particpei no campionato de España, campionato galego, varias veces, fun campión", destaca Fabio Raris, afeccionado aos drons.

Os drons atravesaron aros e obstáculos, mentres os visitantes puideron probar simuladores para experimentar a sensación de voo e asistir a exposicións de diferentes modelos destes aparatos.

"Temos diferentes tipos de drons, de carreiras que corren por exemplo 190 quilómetros por hora. Hai drons para interiores coma este de aquí que son para garvar por exemplo un hotel, un apartamento. Temos de longa distancia que son para volar en montañas, polo mar, facer distancias de dez quilómetros e poden correr entre 130 e 190 quilómetros por hora", engade Diego Abegón, afeccionado aos drons.

A liga galega de drons é unha proposta innovadora que combina competición, adrenalina e entretenemento tecnolóxico... cuns aparellos capaces de captar imaxes espectulares da natureza. 

 

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade