Cargando resultados...
Rescatan un turista ferido na praia das Catedrais
O home, veciño de Santander, rompeu a cadeira cando intentaba saltar un charco
G24.gal
12/10/2025 14:36
Vaia susto levaron os visitantes que este domingo solleiro se achegaron ata a praia das Catedrais.
Un home tivo que ser trasladado tras fracturar a cadeira ao caer intentando saltar un charco no areal.
Trátase dun turista de Santander que estaba a pasar a festividade do 12 de outubro no concello de Ribadeo.
Para poder sacalo da praia en padiola tiveron que axudar os bombeiros de Lugo. E tamén unha parella da Garda Civil. Levárono ao hospital de Burela.