Publicador de contidos

Publicador de contidos

Continúa clausurado por unha praga de ratos o hipermercado do barrio lugués de Abella

Continúa clausurado por unha praga de ratos o hipermercado do barrio lugués de Abella

A veciñanza reclama que desratice con urxencia o centro comercial para volver dispoñer canto antes do servizo que lle presta

Detalle da fachada do centro comercial de Abella
Félix Aragunde 15/10/2025 20:39 Última actualización 15/10/2025 21:33

Á espera de que a firma propietaria desratice o local, o hipermercado do centro comercial Abella segue clausurado. Ante unha denuncia por parte da representación sindical dos traballadores, a inspección sanitaria da Xunta decretou o peche temporal do negocio, unha medida que colleu por sorpresa a clientela residente neste barrio de Lugo.

"Todas as veces que viñen aquí comprar eu nunca vin ratos. O trato e bó e vin limpeza. Entón é unha mágoa que isto estea así cerrado por un incidente puntual", sinala José Manuel Rodríguez, presidente da asociación de veciños Nova Abella. 

Segundo os denunciantes, a situación de insalubridade no local víñase rexistrando dende hai un ano, coa presenza de roedores de pequeno tamaño en varias zonas do hipermercado. Dende a veciñanza, agardan que a cadea dona do negocio tome medidas urxentes para que a súa reapertura se produza canto antes e volva así darlles servizo aos residentes neste barrio e arredores.

O centro comercial do barrio lugués de Abella abriu as súas portas hai dez anos e pechou catro anos despois. Tras abrir de novo en 2022, o hipermercado agora clausurado pola Xunta é o único negocio en funcionamento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade