Fai un ano do dobre accidente mortal no punto negro de Cesantes
Os veciños seguen pedindo a redución da velocidade no punto quilométrico 140 na N550 o seu paso por Redondela
Estes días fai un ano do dobre accidente mortal na curva da Pantalla en Redondela onde morreron dous mozos de 19 anos cando bateron coa súa moto contra un vehículo e contra o camión do lixo.
Ocorreu na Nacional 550, no quilómetro 140, un punto negro, pero non é un caso único. Rosa Míguez, que leva vivindo alí desde hai máis de 40 anos, lembra preto de vinte accidentes mortais. Sobre a súa leira caeu un bloque de granito, e outro sinistro estragou un vehículo acabado de mercar.
Levan anos protestando e pedindo ao Ministerio de Fomento unha solución doada e rápida rebaixar a velocidade máxima dos 70 que se establece ou simplemente recomenda nalgún punto da vía, pero por agora ninguén os escoitou.