Publicador de contidos

Publicador de contidos

Mercar vivendas reformadas ou a reformar: o mercado inmobiliario móvese cara a vivenda de segunda man

Mercar vivendas reformadas ou a reformar: o mercado inmobiliario móvese cara a vivenda de segunda man

O parque de vivendas en Galicia está avellentado, a maioría supera os 40 anos

G24.gal 18/10/2025 15:30 Última actualización 17/10/2025 21:08

Coa vivenda de nova construción inaccesible para gran parte da poboación, a compra de vivenda móvese cara o mercado inmobiliario de segunda man. Un parque que en Galicia está maioritariamente avellentado.

A maior parte dos inmobles supera os 40 anos de antigüidade.  De aí que moitas das vivendas dispoñibles no mercado precisen dunha reforma que mesmo pode ser integral.

Purificación leva desde os anos 90 do século pasado dedicada ás reformas no sector inmobiliario. Na súa empresa da que é propietaria, non deixa de recibir consultas de persoas interesadas en acometer obras de reforma ou rehabilitación de inmobles recén adquiridos.

Vivendas que se poñen á venda xa reformadas ou vivendas que se compran para reformar configuran o parque de inmobles dispoñibles. Unha realidade que, no caso da Coruña, podemos atopar prácticamente en calquera barrio da cidade. Reformas completas ou parciais que en ocasións implican cambios na distribución dos espazos da vivenda. 

Amais do prezo do inmoble, desde o sector apuntan aos prazos que se barallan no mercado actual das reformas como factor determinante á hora de decidir o tipo de vivenda a mercar.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade