Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno anuncia unha compra de 100 millóns para elevar o parque de vivenda pública

O Goberno anuncia unha compra de 100 millóns para elevar o parque de vivenda pública

Os contratos de alugueiro poderán ser de ata 75 anos

A ministra Isabel Rodríguez presenta a Entidade Estatal de Vivenda (EFE/Borja Sánchez-Trillo) A ministra Isabel Rodríguez presenta a Entidade Estatal de Vivenda (EFE/Borja Sánchez-Trillo)
G24.gal 04/12/2025 14:28

O Goberno, a través da nova empresa estatal rebautizada como Casa 47, lanzará en breve unha oferta de compra de 100 millóns de euros para elevar o parque público de vivenda en España, á vez que anunciou que os contratos que asine esta entidade poderán ser de ata 75 anos.

A ministra de Vivenda e Axenda Urbana, Isabel Rodríguez, explicou este xoves, no acto de presentación da nova empresa, que os contratos de alugueiro que firme Casa 47 poderán ter unha duración de ata 75 anos, con prórrogas continuas cada 14 anos a condición de que se manteñan a maior parte das condicións de acceso.

Ningún alugueiro poderá exceder o 30 % da renda media do territorio, dirixiranse con esta nova compañía ao 60 % da poboación que cobra rendas situadas entre 2 e 7,5 veces o IPREM e para 2026 habilitarase un portal en liña no que se poderán consular as promocións dispoñibles, así como os requisitos de acceso, indicou. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar