Publicador de contidos

Publicador de contidos

A peste porcina africana mantense contida na zona do gromo

A peste porcina africana mantense contida na zona do gromo

A Generalitat afirma que se están conseguindo os obxectivos prioritarios da loita contra o virus

Agarda que a contención do foco permita ir recuperando os mercados

O goberno catalán pide paciencia sobre a investigación da orixe e asegura que está en mans dos máximos expertos

G24.gal 07/12/2025 14:46 Última actualización 07/12/2025 15:12

A peste porcina africana non saíu do radio de seis quilómetros onde se detectou o gromo hai nove días e non entrou en ningunha granxa.

"O obxectivo principal conseguiuse", afirmaba o conselleiro de Agricultura, Gandería, Pesca e Alimentación da Generalitat.

Ata agora atopáaronse un cento de xabaríns mortos na zona, pero só hai trece nos que se confirmou a infección.

O goberno catalán espera que a contención do foco permita ir recuperando os mercados que pecharon algúns países.

"Recuperar os fluxos comerciais e que o impacto fose o mínimo posible, iso tamén se está producindo", dicía Òscar Ordeig i Molist.

Dar coa orixe do gromo é outra das prioridades. O conselleiro pediu paciencia e asegurou que a investigación está nas mellores mans.

"Calma, están traballando nisto os maiores expertos en PPA europeos, españois e cataláns", aseguraba.

O conselleiro pediu responsabilidade, que se rexeiten as loiadas e non caer no alarmismo. Tamén subliñou que a cidadanía pode axudar nesta crise potenciando o consumo de porcino catalán.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade