Publicador de contidos

Publicador de contidos

O gromo de gastroenterite detectado en Narón afecta medio cento de persoas

O gromo de gastroenterite detectado en Narón afecta medio cento de persoas

Sanidade confirma que os casos son leves e que se concentran entre os asistentes a un acto externo escolar e os usuarios dun centro de día  

Inspección colleu mostras dos alimentos servidos polo Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, xestionado por DomusVi, para coñecer a orixe do gromo

Pazo da Cultura de Narón, onde se celebrou o acto escolar en que se intoxicaron 39 persoas Pazo da Cultura de Narón, onde se celebrou o acto escolar en que se intoxicaron 39 persoas
G24.gal 06/03/2026 15:12

Un total de 48 persoas están afectadas por un gromo de gastroenterite, segundo confirmou a Consellería de Sanidade, no municipio de Narón. Todas elas consumiron comida servida polo polo Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros, que xestiona a empresa DomusVi nesa localidade.

39 afectados participaron nun acto escolar celebrado o luns e o martes, o 2 e o 3 de marzo, no Pazo da Cultura e os 9 restantes son usuarios do centro de día.

A maioría dos enfermos non necesitou atención hospitalaria 

Segundo a Consellería de Sanidade, os afectados presentan un cadro de diarrea de curta duración e de carácter leve, polo que a maioría dos casos non requiriron atención hospitalaria.

A Inspección de Sanidade, en canto se tivo coñecemento do gromo, activou un equipo de investigación que se desprazou de inmediato ás cociñas da empresa implicada. Como primeira medida, os inspectores pediron á compañía que poña á súa disposición mostras dos menús servidos o luns e o martes.

Sanidade está agora á espera dos resultados das probas analíticas que se están realizando sobre estas mostras, así como da elaboración do informe de conclusións que determinará a orixe do gromo e as posibles medidas que se vaian adoptar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar