Publicador de contidos

Publicador de contidos

Luis Casimiro e a súa renovación: "Traballo moi ben co corpo técnico, cos xogadores e con Tito"

Luis Casimiro e a súa renovación: "Traballo moi ben co corpo técnico, cos xogadores e con Tito"

O Breogán buscará en Vitoria a terceira vitoria consecutiva

G24.gal 30/04/2026 13:07 Última actualización 30/04/2026 13:21

Quedan seis xornadas para que conclúa a liga Endesa, e o Río Breogán ten os deberes feitos. Os seus dúas últimas vitorias supuxeron unha importante inxección anímica, pero sobre todo situarse con cinco vitorias de vantaxe sobre os postos de descenso, zona que abre o Morabanc Andorra.

O equipo que prepara Luis Casimiro afronta esta fin de semana na que será a xornada número 29 da liga Endesa un importante e ao mesmo tempo bonito reto: conquistar a terceira vitoria consecutiva. Sen ningún tipo de presión, sería un bo momento para a renovación de Luis Casimiro.

"Traballo moi ben co corpo técnico, cos xogadores e Tito. Estou contento no Breogán, estou contento na cidade".

"Síntome moi apreciado e moi querido".

Breogán non terá tanta presión como en xornadas anteriores, o que unido ao bo momento de forma e de xogo que atravesa, dálle moitas opcións de sacar unha vitoria en terras vitorianas.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade