Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medio Rural chama á tranquilidade ante a inquietude no sector gandeiro pola peste porcina

Medio Rural chama á tranquilidade ante a inquietude no sector gandeiro pola peste porcina

A conselleira María José Gómez di que é aínda cedo para avaliar o impacto económico e pide que se delimite a incidencia xeográfica da peste 

G24.gal 07/12/2025 18:24 Última actualización 07/12/2025 18:46

A peste porcina africana é a última crise sanitaria que afecta o sector gandeiro, e que está a repercutir na rendibilidade das explotacións, tamén as galegas.  Consecuencias económicas que trouxeron tamén a dermatose ou a gripe aviar.

Dende a consellería do Medio Rural piden tranquilidade a todos os actores do sector para non crear alarmas innecesarias.

Hai preocupación nas case 2.600 granxas de porcino en Galicia debido ao rebrote da peste porcina en Barcelona. Baixou o prezo na lonxa de Lleida e canceláronse algunhas exportacións.


Dende Medio Rural din que é aínda cedo para avaliar o impacto económico e piden que se delimite a incidencia xeográfica da peste para que non penalice a áreas moi afastadas do foco.

"Ese foco de peste porcina que apareceu en Barcelona está a 1.000 quilómetros de Galicia. Non ten sentido que o porcino de Galicia teña limitacións cando Francia está a menos distancia. Esa rexionalización nun país coma España é moi importante" afirma María José Gómez, conselleira de Medio Rural.

A peste porcina, ven sumarse a outras crises que nos últimos meses afectan os gandeiros como a lingua azul, a dermatose nodular ou a gripe aviaria. A conselleira demanda tranquilidade e calma a produtores e consumidores.

"Non afecta aos humanos. Total tranquilidade. E as granxas de porcino en Galicia teñen unhas medidas de bioseguridade só para acceder a elas que fan moi difícil que se transmita ás granxas. Por sio digo, é imprescindible non crear alarmas innecesarias",engade a conselleira da Xunta.

O sector produtor de carne factura 1.500 millóns de euros na nosa comunidade. Supón o principal creador de emprego e xerador de riqueza en setenta concellos do rural galego.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade