Publicador de contidos

Publicador de contidos

Medio Rural saca novas axudas para a remuda xeracional e a modernización do agro

Medio Rural saca novas axudas para a remuda xeracional e a modernización do agro

A convoctoria, que se publica o luns día 9 no Diario Oficial de Galicia, está dotada con 53 millóns de euros

G24.gal 07/03/2026 14:55

Medio Rural publicará o luns unha nova convocatoria de axudas para favorecer a remuda xeracional e modernizar o agro galego dotada con 53 millóns de euros.

Anunciouno a titular desta consellería nunha visita a unha explotación de Guitiriz beneficiaria destas achegas en convocatorias anteriores.

"Levamos desde o ano 2009 máis de 5.000 mozos incorporados a explotacións, mozos beneficiarios tanto das axudas á incorporación coma aos plans de mellora que van asociados. E dentro deses plans de mellora, este ano 2026 sacaremos unha nova concocatoria para todos aqueles mozos menores de 40 anos que queiran animarse a traballar e a vivir do rural", explicaba a conselleira de Medio Rural, María José Gómez Rodríguez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade