Publicador de contidos

Publicador de contidos

Triplo parto dunha vaca, todo un acontecemento en Monfero

Triplo parto dunha vaca, todo un acontecemento en Monfero

Os trixemelgos encheron de sorpresa e ledicia unha propiedade rural

As tres crías gozan de saúde

G24.gal 08/04/2026 15:04 Última actualización 08/04/2026 15:40

Pastora, Morena e Marelo son os trixemelgos que agora loitan por saíren adiante.

"De momento non queren o biberón. Aliméntanse co que chupan eles. Supoño que cando teñan máis fame xa collerán o biberón", comenta Juan Freijomil.

Morena, súa nai, púxose de parto o Xoves Santo, contra as sete da tarde. Canda ela estaba Juan, que aos seus case 91 anos, alí estaba para axudala.

"Non saía e axudei cunha corda. Despois vin que saía outra pata. E cando xa estaban os dous cuxos fóra, marchei", di Juan.

"Eu ía axudar, pero xa vin que non lle facía falta e din a volta", explica Angélica Mosquera.

Marcharon para a casa. Ao día seguinte, Juan volveu á corte para ver como estaban os cuxos, e cal foi a súa sorpresa ao descubrir que había un máis...

"Quedei... E porque non tiña ningunha outra vaca preñada, senón pensaría que era da outra", engade Juan.

Juan e Angélica non contaban con este acontecemento, porque o veterinario dixéralles que co touro que teñen non ían ter crías porque, o ano pasado, o picara un becho.

"Chamei ao veterinario e díxenlle: se lle chegan a picar dous bechos, trae seis xatos. El moito riu", lembra Angélica.

Un episodio ben curioso que xa queda como unha fermosa anécdota en Monfero.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade