As treboadas deixaron preto de 1.000 raios en Galicia
Concellos como Viveiro e Folgoso do Courel espertaban este luns cos termómetros case nos 26 graos
As intensas treboadas rexistradas este luns en Galicia deixaron preto de 1.000 raios en 24 horas, un número inferior o rexistrado na xornada anterior.
Na madrugada do luns, o ceo volvía iluminarse esta noite en moitos concellos galegos.
"A min gústanme as treboadas, estar na casa e escoitalas de lonxe", di unha moza.
Este luns pola tarde volveron. Houbo aviso amarelo por chuvia e trebóns na zona centro e norte de Lugo e na Coruña.
"Esta será a última tarde con episodio de lóstregos, Coruña e Lugo onde hai risco de treboadas que poden vir acompañadas de pedrazo", comenta Ana Celia Vázquez, do espazo 'O tempo'.
Como xa ocorreu en Carballo, a sarabia é o que máis preocupa no campo.
"As leitugas poden aguantar un pouco máis, pero se cae pedrazo rompe a planta e machaca todo", explica a horticultora María González.
Tamén seguen as noites tropicais, localidades como Viveiro ou Folgoso do Courel espertaban este luns co termómetro cerca dos 26 graos.
"Eu a calor das noites lévoa mal", di unha muller.
Calor pola noite e polo día. Ourense volveu a ter a máxima con 34, Lugo, Ferrol e Santiago rozaron os 30, e no resto non baixaron dos 25.
"Baixar as persianas para que non entre a calor", comenta unha moza.
Episodios que, debido ao cambio climático, cada vez van ser máis frecuentes.