O ascenso do Dépor deixará un importante impacto económico na Coruña
Non hai cifras oficiais, pero o retorno para o tecido produtivo pode rozar os 4 millóns de euros
A Coruña bota contas e xa hai quen ve neste ascenso unha adiantada lotaría de Nadal.
"Unha proxección da cidade cara ao exterior", di Javier Pastorizo, presidente dos comerciantes do Obelisco.
Un impacto económico que comeza no propio club. O Deportivo triplicará os seus ingresos por dereitos televisivos, publicidade e abonos ata os 60 millóns de euros. "Participar na Liga é a mellor campaña de publicidade para a cidade. Ademais xerará uns asalariados con maior capacidade de renda e maior capacidae de gasto", explica o director da Cámara de Comercio da Coruña, Manuel Galdo.
Máis gasto directo no tecido económico da cidade.
"Non só nos hoteis. Tamén nos restaurantes, nos taxis, en toda a cidade", calcula Conchi Labrador de Hospeco.
E tamén indirecto. O sector hoteleiro xa busca como atraer un turista de paso.
"Hai xente que ven ao partido e unha vez que coñece a cidade quere volver", asegura Conchi Labrador de Hospeco.
Non hai cifras oficiais, pero estímase que o retorno económico para a cidade pode rozar os catro millóns de euros.