Publicador de contidos

Publicador de contidos

Falece un mozo ao bater coa súa moto contra un muro en Vilalba

Falece un mozo ao bater coa súa moto contra un muro en Vilalba

Malia que os servizos de emerxencias desprazáronse de inmediato tan só puideron confirmar o seu falecemento

G24.gal 11/07/2026 09:09 Última actualización 11/07/2026 21:56

O suceso ocorreu este pasado venres cando faltaban uns minutos para as 22:30 horas.

Un particular informaba ao 112 Galicia dun accidente de moto na rúa de Plácido Peña, 107 en Vilalba, Lugo. Indicaba que a moto chocara contra un muro e o motorista, veciño da zona, non se movía.

Malia que os servizos de emerxencias desprazáronse de inmediato ao punto, o persoal sanitario tan só puido confirmar o falecemento do mozo de 20 anos.

Os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico, a Policía Local e os efectivos da agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade tamén foron avisados polo 112 Galicia nada máis recibir a chamada de alerta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade