Publicador de contidos

Publicador de contidos

Stellantis Vigo fabrica o seu vehículo número 17 millóns

Stellantis Vigo fabrica o seu vehículo número 17 millóns

Trátase dunha Opel Combo Electric que se ha vender en Eslovaquia

G24.gal 11/03/2026 17:28

Unha Opel Combo Electric converteuse este mércores no vehículo número 17 millóns producido na factoría viguesa de Stellantis desde que iniciou a súa actividade no ano 1958.

De cor Azul Kiama, o vehículo millonario está equipado con motor eléctrico de 100 quilowatts (136 cabalos) e unha batería que permite ata 334 quilómetros de autonomía. Ademais, será comercializado en Eslovaquia, segundo anunciou a firma nun comunicado.

A última xeración do Opel Combo prodúcese en Vigo desde o seu lanzamento, en xullo de 2018, sendo o primeiro modelo da marca alemá que se fabrica na Cidade Olívica.

Desde entón e ata a data, saíron das liñas de produción da planta 370.000 unidades dese modelo, o 92% con destino ao mercado internacional. Actualmente fabrícanse cunha cadencia de 150 unidades ao día.

En 2021 comezou a produción da súa versión 100% eléctrica, que representa o 6% da fabricación total deste modelo, e que  se ensambla na mesma liña de produción ca as motorizacións térmicas.

O Opel Combo forma parte da saga dos utilitarios lixeiros que fabrica Stellantis Vigo, integrada tamén polos Citroën Berlingo e Berlingo Van, Peugeot Rifter e Partner, Fiat Qubo L e Fiat Professional Doblò.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade