Publicador de contidos

Publicador de contidos

As empresas buscan persoal para as campañas do black friday e do Nadal

As empresas buscan persoal para as campañas do black friday e do Nadal

Buscan perfís de atención á clientela, de loxística e de transporte

No black friday prevese un gasto medio de entre 100 e 200 euros

G24.gal 18/10/2025 13:19 Última actualización 18/10/2025 14:02

Mercar aquel produto caro que baixou de prezo, adiantar un agasallo de Nadal ou permitirse un capricho son os principais motivos para mercar no black friday.

"Sempre tentamos buscar algunha oferta. Certos produtos que vemos e imos esperar a ver se os temos a mellor prezo".

"Polos prezos, polos descontos".

"Hai cousas que si merecen a pena, como Iphone e demais compañías caras".

"Pois lavadora, secadora e demais electrodomésticos. É o que adoitamos mirar".

"Ás veces en roupa, se paso por un escaparate digo: vou mercar esta camisa".

Un volume de consumo elevado e concentrado en pouco tempo que obriga a reforzar cadros de persoal.

"O black friday consolidouse como un motor de emprego na rexión, especialmente nos sectores do comercio, transporte e loxística. Serve de apertura da campaña do Nadal e xera unha cadea de oportunidades laborais durante as últimas semanas do ano. As empresas galegas seguen a apostar por perfís con experiencia e capacidade de adaptación inmediata", explica Armando Basilio, director da oficina de Randtad en Santiago.

Hai demanda de traballadores no comercio, pero o 60% da oferta corresponde a transporte e loxística polo auxe das compras en liña. Este ano en Galicia baixa un 4,6% a oferta de contratos con respecto do ano pasado; con todo, están a buscar máis de 6.000 profesionais.

No conxunto de España a demanda mantense, buscan cubrir unhas 110.000 vacantes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade