Unha herboristería de Vigo xa loce desde hai semanas un ecléctico belén
No nacemento conviven os Playmobil con Peppa Pig, os Pitufos ou Shin chan
O delirio polo Nadal acada cotas desmesuradas en Vigo. Unha comerciante da cidade leva pensando desde o verán como montar o seu Belén e xa o ten posto desde hai semanas. Ten catrocentas trinta figuriñas de varios tipos. Moitas son cedidas pola súa clientela. Nel conviven Mario Bros, a Patrulla Canina, Shin chan e Pepa Pigg. Só respeta dúas tradicións, aínda non colocou o Neno e tamén agardará para colocar os Reis.
Absolutamente ecléctico así é o nacemento que Ana Belén montou na súa herboristería de García Barbón. A montaxe seduciu medio barrio. Boa parte da clientela tróuxolle familias de bonecos para enriquecer a recreación.
Ana apúntase á boa enerxía do Nadal, da paz e da familia e quere transmitir esa sensación durante máis tempo. Só respecta dúas tradicións, dous límites temporais.
A tenda de Ana Belén, a herboristería Lavanda Bio, vende cousas para mellorar a saúde, pero tamén dá consellos para a alma. Co seu sorriso e os seus consellos alegra a vida a medio barrio. Este ano a dina e os incendios xa teñen un espazo propio.