Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os doces do Nadal ábrense paso ata as nosas mesas tres meses antes das festas

Os doces do Nadal ábrense paso ata as nosas mesas tres meses antes das festas

Os turróns xa nos tentan nos supermercados e larpeiradas como o panetone véndense todo o ano

G24.gal 05/10/2025 14:33 Última actualización 05/10/2025 14:54

Aínda estamos en tempo de xeados pero xa atopamos turrón no supermercado. O Nadal, época forte para o comercio, toma a dianteira e trata de chegar ás nosas mesas con meses de anticipación. Hai quen se reserva para as festas, pero os amantes do doce celébrano.

Nunha pastelería de Bergondo teñen outra das sobremesas habituais do Nadal, o panetone, todo o ano. Imponse a demanda. A pasteleira artesá á fronte do negocio foi premiada por facer o mellor panetone da península Ibérica.

"Cando gañei o concurso xa a empezamos a facer todo o ano porque a xente quería probala, regalarllelo aos familiares", conta Lucía No López.

Facer un panetone artesán leva tres días, require un forno especial e hai que poñer moita atención ao comportamento da masa. Lucía foi a Milán para aprender a elaboralo, pero ela dálle o toque galego.

"Métolle moito produto galego: castañas, mazá... para facer unha fusión entre Galicia e Italia. E aquí colle moita humidade e está moi esponxoso por dentro, moi rico", explica a artesá.

Aínda que na pastelería fan panetones seguido e téñenos de ata seis sabores distintos, hai clientes que o encargan para non quedar sen o seu preferido. O ano pasado só na temporada do Nadal, Lucía vendeu arredor de 3.000 unidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade