Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tortilla francesa envasada: a última sorpresa para os consumidores

Tortilla francesa envasada: a última sorpresa para os consumidores

O novo prato que entra na listaxe dos ultraprocesados que se tarda máis en mercar que en elaborar

Tortilla francesa feita na casa
G24.gal 03/10/2025 16:21 Última actualización 03/10/2025 18:11

Entre quentar o aceite e bater os ovos, o tempo de elaborar unha tortilla francesa non debería superar os 2 minutos.

 "É con ovo só non é moi complicado", comenta unha rapaza

Con todo hai quen prefire mercala feita.

"Se ao mellor teño présa pois quizáis si", apunta un rapaz

A tortilla francesa envasada entra na listaxe de alimentos ultraprocesados da man dunha cadea de supermercados, e como era de agardar a noticia invadiu de comentarios as redes sociais. 

 "Faríaa na miña casa, eu con ovos, acabas antes tamén"

"Eu non a probaría", confesa unha señora

"Eu creo que estou a favor, iso sácate dun apuro moi rápido, eu comeríaa", opina un rapaz

Antes da tortilla francesa foran as patacas peladas e cortadas para fritir, a cebola e o allo picado ou os ovos cocidos os que recibiron as críticas. Pero os que máis debate suscitaron en redes sociais nos últimos anos foron os ovos fritos que outro supermercado ofertou entre as súas propostas de quentar e listo. Malia o éxito inicial tiveron que ser retirados ante as queixas dos consumidores polo uso excesivo de envases plásticos. 

 "Estamos contaminando máis ca nunca, efectivamente", recoñece unha muller

Unha tortilla francesa faise con 2 ingredientes, aceite e ovo. Ao sumo 3 se lle engadimos sal. A precociñada leva ademais almidóns modificados de pataca, conservante, estabilizador e antioxidante. 

"Por un día non creo que pase nada"

Esta tortilla precociñada sae ao mercado cun prezo dun euro por 75 gramos, unha opción válida para os que odian as tixolas e veneran os microondas e as fritideiras de aire. Para outros é o tope da vagancia.

 " Home, vagancia é"

"Pero hai momentos que nin facela queres"

" Se tes tempo para comela, tamén tes tempo para facela"

En España nos últimos 2 anos a oferta de pratos listos para comer aumentou un 48%. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade