Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha panadería elabora tortas doces e varios tipos de empanada con Faba de Lourenzá

Unha panadería elabora tortas doces e varios tipos de empanada con Faba de Lourenzá

Esta semana acadan o seu pico anual de encargas, coincidindo coa festa de exaltación deste legume mariñao

Detalle da torta feita con Faba de Lourenzá
Félix Aragunde 29/09/2025 20:16

A faba de Lourenzá é o orixinal ingrediente co que tamén se elaboran as empanadas ou as tortas nunha panadería deste concello mariñao. Dende a primeira edición da festa deste legume, e xa van 33, foron mellorando as receitas para adaptalas ao gusto da clientela.

"A torta de faba comezamos a facela para exaltala. Tivemos máis variacións dende a primeira que fixemos para evitar que evitar que se puxese dura", explica o panadeiro Rafael Cabaleiro. 

As empanadas tanto poden estar feitas con masa de pan como de follado, e as máis demandadas son as de fabas con chourizo ou con bacallau. Tocante ás tortas, resulta aínda máis sorprendente para o padal a presenza deste legume nun doce.

"Son catro ingredientes, a améndoa, que evita que endureza a faba, biscoio, cabelo de anxo a faba confeitada. Preparámola con almibre e deixámola macerar para que colla o seu sabor antes de mesturala na torta", engade Cabaleiro. 

Aínda que as tortas e as empanadas con leguminosas se elaboran durante todo o ano, estes días teñen o seu pico de encargas, coincidindo coa celebración, a vindeira fin de semana, da Festa da Faba de Lourenzá. 

Para a Festa da Faba, na panadería Nely teñen máis dun cento de encargas de tortas e de empanadas Para a Festa da Faba, na panadería Nely teñen máis dun cento de encargas de tortas e de empanadas
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade