Publicador de contidos

Publicador de contidos

Cortado un treito da AG-57 en Gondomar por un desprendemento de terra

Cortado un treito da AG-57 en Gondomar por un desprendemento de terra

Afecta dous quilómetros da autoestrada en sentido Baiona 

Imaxe do treito da AG-57 afectado polo desprendemento de terra Imaxe do treito da AG-57 afectado polo desprendemento de terra
G24.gal 10/02/2026 16:33

O corte afecta o treito entre os puntos quilométricos 17+600 e 15+500 da autoestrada AG-57 e o tráfico desviouse por un dos carrís do sentido contrario, de maneira nese punto hai dobre sentido de circulación.

A Xunta decidiu cortar o tráfico debido a un desprendemento no noiro da marxe da calzada provocado pola intensa choiva, segundo informou a Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas.

Estímase que o corte se alongue polo menos ata este mércores, xornada na que está previsto que un xeólogo, acompañado por técnicos da Axencia Galega de Infraestruturas, visite o punto para estudar as medidas que se van adoptar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade