Malia a suba do prezo, o menú segue a ser a opción máis económica para quen come fóra por traballo
Consumidores din ademais que tamén é unha opción máis rápida porque adoitan ter os menús xa preparados
Revolto de cogomelos e gulas, sen glute, de primeiro; e salmón á prancha con verduras grelladas e salsa de vermú branco, de segundo. É unhas das propostas do menú dun restaurante do centro da Coruña.
"Intentamos traballar cun dos pratos, tanto dos primeiros como dos segundos e das sobremesas, que con leven glute para ter opcións para as persoas que son celíacas. É unha cociña un pouco diferente. É un menú tipo executivo: que non sexa moi copioso, pero sempre con bo produto e boa elaboración", indica Luis Rdoríguez, encargado do Restaurante O Barlovento.
Serven cada día entre 75 e 80 menús. Dous pratos e sobremesa ou o café, a escoller. Todo por 14.50€.
Noutro restaurante coruñes poden chegar a saír da cociña ata 200 menús diarios con catro primeiros e tres segundos a elixir. Aquí prima a variedade. O prezo 14€ con sobremesa, café e bebida.
"A cociña tradicional é á que nós nos dedicamos", explica Cristina Ferreira, administradora única de O Lagar de José. Engade que no último ano a única "variación que houbo foi a do prezo. Só subimos un euro. Eu penso que todo o mundo que está nornalmente ou todos os días no supermercado sabe de que vai".
É que di a clientela?
"En xeral si subiu o prezo un pouco, non moito. Mantivéronse mais ou menos, cunha pequena suba". "Penso que é unha opción máis económica que comer de carta e tamén é unha opción máis rápida porque adoitan ter os menús xa preparados".
O menú segue a ser a opción máis interesante para quen ten que comer fóra da casa por motivos de traballo.