Publicador de contidos

Publicador de contidos

O caldo galego xa ten competidores

O caldo galego xa ten competidores

Hai diversidade de sopas que cruzaron continentes para ter un oco nas nosas mesas

G24.gal 20/11/2025 14:52

Se preguntamos que é o mellor para facerlle fronte ao frío, moitos din que o caldo galego é o mellor.

Pero, ollo, porque ao rei das nosas mesas estanlle saíndo competidores. Sopas que chegan de fóra, coma o ramen ou sopas picantes típicas de Perú, que cada vez teñen máis adeptos.

Non se trata de substituír nada. É máis ben que Galicia, como o noso inverno, tamén pide variedade. Distintas sopas, distintas culturas... e, por suposto, distintos sabores que por un intre poderían levarnos a pensar en que compiten coa tradición, pero lonxe disto o máis importante é que calquera delas o que fai é cumprir coa súa misión, que é quentar o corpo... así que bo proveito!.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade