Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un simulacro no túnel da AP-9 en Cabanas afectará o tráfico na noite deste mércores

Un simulacro no túnel da AP-9 en Cabanas afectará o tráfico na noite deste mércores

G24.gal 26/11/2025 16:54

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible levará a cabo un simulacro de actuación e coordinación para casos de accidente no túnel Pedra do Couto, situado na autoestrada AP-9F, dentro do termo municipal de Cabanas (A Coruña).

O incidente simulado consistirá no remolque dun vehículo avariado, que o equipo de primeira intervención retirará desde as bocas dos túneles.

Este simulacro axústase ao establecido no Real Decreto 635/2006, sobre requisitos mínimos de seguridade nos túneles de estradas do Estado.

Para facer o exercicio, cortarán o tráfico na calzada da AP-9F con sentido Ferrol desde as 20:00 horas deste mércores ata as 20:00 horas do xoves.

Durante este tempo, o tráfico con sentido á cidade de Ferrol circulará polo túnel correspondente á calzada contraria, o sentido á Coruña, que habilitarán para a circulación en ambos sentidos. Ademais, segundo indicou o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible mediante un comunicado, os cortes e desvíos estarán debidamente sinalizados.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade