Publicador de contidos

Publicador de contidos

Desaloxan por orde xudicial o home que vivía no chalé da familia de Rosario Porto en Teo

Desaloxan por orde xudicial o home que vivía no chalé da familia de Rosario Porto en Teo

O operativo contou coa Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil

O home colaborou no proceso e fíxose cargo dos seus cans

G24.gal 26/11/2025 17:34

Efectivos da Garda Civil e da Policía Local de Teo desaloxaron este martes un home que vivía desde hai máis dun ano no chalé da familia de Rosario Porto, situado en Teo e escenario do crime de Asunta en 2013.

Segundo fontes coñecedoras do procedemento, o xulgado compostelán ordenou o desafiuzamento, que comezou arredor das 12.30 horas e rematou pouco antes das 14.00 horas.

As mesmas fontes indicaron que o home colaborou e que o operativo avanzou con normalidade e sen incidentes.

Lanceiros de Protección Civil tiveron que intervir porque o desaloxado convivía con varios cans. Finalmente, os animais non foron trasladados á canceira, xa que o propio home se fixo cargo deles.

O desafiuzamento desenvolveuse na presenza da actual propietaria da vivenda.

Aparte da Garda Civil, da Policía Local e de Protección Civil de Teo, tamén se desprazou ao inmoble persoal do xulgado para completar o procedemento.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade