Publicador de contidos

Publicador de contidos

As novas xeracións cociñan menos pratos tradicionais

As novas xeracións cociñan menos pratos tradicionais

A cociña tradicional é unha herdanza moi valiosa que pode chegar a perderse co paso do tempo

Os mozos consideran que un cocido ou uns callos son pratos moi laboriosos que requiren un tempo que agora mesmo non teñen

G24.gal 30/09/2025 14:46

Apostar pola cociña tradicional é unha opción cada vez menos frecuente entre as novas xeracións. Os hábitos culinarios van cambiando ao mesmo tempo que o noso ritmo de vida. 

Moitos establecementos apostan por preparar menús onde non se perda esta cociña tradicional. Preparar un cocido, uns callos ou mesmo unhas lentellas pode parecer laborioso, pero os expertos aseguran que é cuestión de organizarse, xa que a cociña caseira é máis saudable e económica.

Detrás desta nova herdanza culinaria están, amais desa falta de tempo, as tecnoloxías. Segundo un estudo da UOC, un 46 % das novas xeracións aprende a cociñar a través das redes sociais dunha maneira fácil e rápida. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade