Publicador de contidos

Publicador de contidos

Búscase Papá Noel que fale catro idiomas; interesados contactar co Concello de Vigo

Búscase Papá Noel que fale catro idiomas; interesados contactar co Concello de Vigo

O prego de condicións presuposta este servizo en case 99.000 euros e a persoa que o preste terá que ser "próxima cos nenos, ter unha forma de ser moi simpática e encaixar no papel"

G24.gal 30/09/2025 13:48

O Nadal vai collendo forma en Vigo. As estruturas da bóla, da caixa de regalo e das luces van tomando a cidade e agora toca elixir o Papá Noel e os seus axudantes.

A xente na rúa ten claro como te que ser: "Ser próximo cos nenos, ter unha forma de ser moi simpática e que encaixe no papel", din uns, outros son mais prácticos e desexan "que sexa un Papá Noel que traia moitos regalos e bo"; "Home! Amabilidade, simpatía e que teña cos nenos moita afinidade", di outra veciña de Vigo.

O Concello engade que os papás Noel deberán ser pacientes, empáticos e ter axilidade mental para atender os nenos, tanto na caseta na rúa Príncipe coma nas zonas comerciais que terán que visitar.

Deberán achegar ademais unha vestimenta adecuada, non un disfrace, e un vehículo con motivos de Nadal moi concretos. O Papá Noel pasará a ser o Carteiro Real despois do 24 de decembro, e os dous elfos converteranse en paxes.

Valorarán especialmente que Papá Noel saiba catro idiomas. Isto xa no convence a moitos: "Que os papás Noel falen catro idiomas? Pois paréceme fatal, con tal de que falen un ou dos xa é suficiente"; "Se hai idiomas, nestas datas sempre hai xente de moitos sitios, pero tampouco é imprescindible, con xestos un enténdese".

"Non sei catro idiomas, se os soubese estaría noutro lado", chancea un home que xa se autodescarta como Papá Noel.

Presupostado en case 99.000 euros, o prego de condicións do Concello contempla que Papá Noel reparta 35.000 moedas de chocolate, e un sistema de quendas con billetes de entrada numerados. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade